"A Xunta pasa por riba da RAG e consulta coa Real Academia Española"

Ver o tópico anterior Ver o tópico seguinte Ir em baixo

"A Xunta pasa por riba da RAG e consulta coa Real Academia Española"

Mensagem  cdurão em Ter Maio 31, 2011 11:54 pm

(http://www.galiciahoxe.com/portada/gh/xunta-pasa-riba-da-rag-consulta-coa-real-academia-espanola/idEdicion-2011-05-31/idNoticia-674554/)


"O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, alegou que o seu departamento recorreu á Real Academia Española (RAE) en relación cos criterios a seguir para a alfabetización dos apelidos no proceso de admisión do alumnado en centros de ensino públicos pola "axilidade" do seu formulario on-line para responder as consultas.

Iso, despois de que o deputado do PSdeG Francisco Cerviño lle reprochase en comisión parlamentaria a súa "falta de sensibilidade" coa Real Academia Galega (RAG) e o seu "desprezo" cara ás institucións propias de Galicia para fixar os criterios para o desempate no acceso ós colexios públicos en función da letra do apelido.

"Prexudica o prestixio social do galego, o cal inflúe na propia supervivencia da lingua", incidiu, ó cal o alto cargo da Xunta replicou que a consulta se lle fixo á RAE por contar cun formulario web, que non posúe a institución galega, dada a necesidade de "resolver unhas dúbidas" de pais "o máis axiña posible".

"As aclaracións precisaban unha resposta áxil e rápida e con garantía de obxectividade sen orixinar suspicacias, e o criterio da RAE non é cuestionado por ninguén", concluíu, tras o cal Cerviño censurou o seu "gran erro" -motivado polo seu "pouco sentido común e político" ou pola súa "mala intención- ó crer que a RAG "non podería contestar no mesmo tempo". "Déixaos a vostedes en evidencia", sentenciou, en alusión ó "desprezo" cara ó galego dos representantes políticos da Xunta."

cdurão

Mensagens : 302
Data de inscrição : 26/12/2010

Ver perfil do usuário

Voltar ao Topo Ir em baixo

Ver o tópico anterior Ver o tópico seguinte Voltar ao Topo


 
Permissão deste fórum:
Você não pode responder aos tópicos neste fórum