“Oiga… Usted habla en gallego porque le obligan, ¿verdad?”

Ir em baixo

“Oiga… Usted habla en gallego porque le obligan, ¿verdad?”

Mensagem  cdurão em Ter Abr 26, 2011 1:26 am

http://xoanabeleira.blogaliza.org/2011/04/25/dez-anecdotas-reais-sobre-o-galego/

"Traballo nunha célebre xoguetaría, o catálogo da cal, traducido por min durante un tempo, existe na nosa lingua por iniciativa miña. N’A Cruña hai dúas franquicias. De todos os dependentes que traballan nelas, tan só dous falamos en galego: unha rapaza colombiana, de orixe indíxena, que se namorou de todo o noso após ler a Álvaro Cunqueiro, e máis eu, fillo de emigrantes, nado en Venezuela e criado en Madrid. O resto –rapazas galegas e que estudaron o galego– empregan o español."

"Outro día vexo entrar un cativo. Sorríolle: “Bos días, feituquiño!” O pequeno vólvese cara ó pai que vén tras dil e con innegable acento do país lle berra: “¡Papá, papá! ¡Aquí dentro hay un señor que es gallego!” E o pai retrúcalle, con traza de indignado: “¡Hijo! ¡Aquí todos somos gallegos!”"

"Soa o teléfono. “Xoán?” “Si, son eu.” “¿Qué es eso de son eu, son eu?”, rífame unha voz que me parece coñecer. “¡Que soy X, tú!”, confírmame unha amiga madrileña, poeta, culta e que fala varias linguas. “A mí háblame en español, ¿eh? Nada de gallegadas…” (Ende mal, iso acontéceme dabondo. Moitos amigos españois, artistas e de esquerdas, téñenme reprochado o feito de escribir e de falar agora en galego. Cousa incomprensible pra elas e pra iles que, ademais, coma a maioría dos españois, teñen unha idea absolutamente equivocada de ou ignoran por completo a nosa historia, a nosa cultura e a situación sociolingüística que estamos a padecer. Peor aínda: cando parolamos do tema, cando lles explico que o pobo galego, coma tal, corre perigo de extinción, sempre acabo decatándome de que, no fondo, coma á maioría dos españois, tanto lles ten. O seu é unha mestura de ignorancia e de indiferenza –cando non de desprezo, que tamén. De feito, outro amigo polo que, malia a súa incomprensión, sinto unha enorme estima, me confesou aí atrás que “cuando me mandas algún e-mail en gallego, yo lo borro ipso facto, sin leerlo.”)"

"Chego cas meus pais, que viven nunha urbanización do Concello de Culleredo. Ó baixar do coche, vexo dous pequenos, un neno e unha nena, vindo cara a min. “¡Hola!”, dime a cativa duns dez anos, a quen non coñezo. “Ola, amiguiños…” “¿Cómo te llamas?”, pregúntame ela. “Eu chámome Xoán, e vós?” “Pero… ¿tú hablas en gallego?”, abráiase a pequena, con acento galego, arregalando os ollos. “Xaora, porque estamos na Galiza e eiquí somos galegos…”, respóndolle eu ó seu silencio. “A ver…”, intento facerlle comprender. “Ti sabes qué lingua falan en Inglaterra?” “Sí, el inglés.” “E en Francia?” “El francés.” “Ben, pois eiquí, como somos galegos, falamos o galego.” “Pero entonces… ¿a ti te gusta el gallego?”, insiste ela, con cara de noxo. “Claro. A min gústanme todas as linguas. E o galego... encántame.” “Pues yo lo odio”, afirma ela rotunda. “E logo?” “Pues porque en el colegio me obligan a estudiar todas las asignaturas en gallego.” “Iso non é verdade”, dígolle eu, con suavidade. “Ti estudas algunhas en galego, outras en castelán e o resto en inglés, que o sei eu.” “Bueno”, acepta ela, “pero da igual. Yo lo odio de todas formas.” "

Um dos comentários: "Y me estás diciendo que lo que estás hablando es gallego? Porque hay expresiones que tiran al “galizo” (gallego normativizado forzado, casi pillando cosas del portugués porque sí) que madre de dios…"

cdurão

Mensagens : 302
Data de inscrição : 26/12/2010

Ver perfil do usuário

Voltar ao Topo Ir em baixo

Re: “Oiga… Usted habla en gallego porque le obligan, ¿verdad?”

Mensagem  Isabel em Ter Abr 26, 2011 6:00 am


E os abutres vão à carne morta como doidos...

avatar
Isabel

Mensagens : 276
Data de inscrição : 25/12/2010

Ver perfil do usuário

Voltar ao Topo Ir em baixo

Voltar ao Topo

- Tópicos similares

 
Permissão deste fórum:
Você não pode responder aos tópicos neste fórum