"Fraga autorizou nos últimos días o eólico que atenta contra o Camiño"

Ver o tópico anterior Ver o tópico seguinte Ir em baixo

"Fraga autorizou nos últimos días o eólico que atenta contra o Camiño"

Mensagem  cdurão em Qua Fev 02, 2011 1:04 am

http://www.xornal.com/artigo/2011/02/01/galicia/fraga-autorizou-nos-ultimos-dias-eolico-atenta-camino/2011020123581401427.html

"A aprobación por parte do Consello da Xunta o pasado 28 de maio de 2009 do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal autoriza a Fergo Vento Galicia a levantar un parque eólico no Iribio, en pleno Courel, a poucos metros do Camiño Francés e nos termos municipais de Sarria e Triacastela. Trátase do último requisito legal necesario para que a empresa poida levar a cabo a súa intención de aproveitar o vento desta zona da serra e producir enerxía eléctrica.
O proceso comezara anos antes, concretamente o 23 de xuño de 2005, cando a Xunta de Fraga sometía a información pública o proxecto para valorar o impacto ambiental e concluía o 12 de agosto de 2005 coa aprobación definitiva da declaración. Esta rapidez na aprobación do trámite máis relevante alertou a numerosos colectivos que dende o primeiro momento se opuxeron a construción dun parque eólico no Iribio por afectar gravemente a unha zona protexida. Colectivos como SOS Courel e a Asociación Cultural do Iribio iniciaron unha serie de reclamacións para tratar de impedir xudicialmente os efectos da decisión tomada pola administración.
Ata o momento a investigación da Fiscalía e a denuncia presentada ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non deu resultado porque se está investigando todo o procedemento administrativo. Esta lentitude preocupa aos membros da Asociación Cultural Iribio que, a través do seu portavoz, Marcos Celeiro, se queixan da actitude pouco colaboradora da administración e do retraso acumulado na entrega dalgúns documentos do expediente administrativo necesarios para a revisión de todo o proceso”. Tamén aproveitan a revisión que ao seu xuízo hai que facer da concesión, para chamar a atención sobre “as condicións ridículas” que están consignadas na Declaración de Impacto Ambiental. Celeiro di que “neste documento as garantías que se esixen a empresa para preservar o medio natural é que nos muíños e nas aspas haxa unha decoración con motivos xacobeos para indicar que por aí está o Camiño, ademais da colocación de pantallas para evitar a visión das instalacións e un rexistro co número de paxaros que morren ao baterse coas aspas”.
Porén confían en que “ao final se poida deter este desastre que de continuar adiante traería consecuencias irreversibles para O Courel e para o núcleo central do Camiño francés”. “Non só habería un prexuízo para a conservación dun espazo natural virxe, senón que os resultados de produción de enerxía eléctrica serían moi escasos e pouco rendibles dende o punto de vista do rendemento empresarial, mentres que o Camiño de Santiago xera riqueza e emprego en localidades como Triacastela”, sentencia Celeiro."

cdurão

Mensagens : 302
Data de inscrição : 26/12/2010

Ver perfil do usuário

Voltar ao Topo Ir em baixo

Re: "Fraga autorizou nos últimos días o eólico que atenta contra o Camiño"

Mensagem  Isabel em Qua Fev 02, 2011 1:23 am


Parabéns! Very Happy

O sócio da Pró, Marcos Celeiro, é o porta-voz da Iribio e foi entrevistado pelo Xornal.

Avante!
avatar
Isabel

Mensagens : 276
Data de inscrição : 25/12/2010

Ver perfil do usuário

Voltar ao Topo Ir em baixo

Re: "Fraga autorizou nos últimos días o eólico que atenta contra o Camiño"

Mensagem  mceleiro em Qui Fev 03, 2011 1:39 pm

Bom, os jornalistas escrevem o que querem (e o que o diretor lhes deixa). Este tema é escandaloso em todos os aspectos e estão implicadas pessoas importantes. Aguardemos que nos próximos dias a imprensa vaia publicando mais informações...

Este é o lugar onde está projetado um parque eólico de 20 aerogeradores com rotores de 87 m de diâmetro sobre torres de 78 m, no cume dum monte de 1535 m de altitude, a primeira grande serra das montanhas orientais, que se eleva com imponentes paredes verticais desde o leito do rio Iríbio, que nasce ao seu pé a 600 m de altitude:




Isso sim, a Junta concede uma Declaração de Impacto Ambiental FAVORÁVEL com as seguintes medidas corretoras:


Co fin de compensar a incidencia visual do parque eólico, adoptaranse as medidas
compensatorias propostas polo promotor e consensuadas coa Dirección Xeral de Turismo,
destacando as relativas ao pintado das torres dos aeroxeradores con motivos do Camiño de
Santiago, implantación de pantallas vexetais naqueles puntos onde teña lugar o impacto visual
da obra proxectada e adecuación dunha sala como aula didáctica da enerxía eólica, entre outras.

A autorização deste atentado ao património natural (integramente situado num dos espaços mais ricos da Rede Natura), ao património cultural (na área de proteção do Caminho de Santiago, Património da Humanidade) e património arqueológico (literalmente sobre um Caminho Real de origem romana, que conserva as ruínas das portagens e neveiros onde se recolhia o gelo) , uma vez esgotados todos os recursos administrativos, está denunciado nos seguintes âmbitos:

- Tribunal Superior de Justiça da Galiza, devido às inúmeras ilegalidades de fundo e forma. O juízo está-se atrasando devido à retenção de partes importantes da documentação do expediente por parte da Junta atual ao advogado da parte demandante.

- Comissão da União Europeia. O tema foi elevado ao parlamento europeu e atualmente está a ser avaliado pela comissão, como uma parte mais das constantes agressões à Rede Natura, rede de espaços protegidos de competência europeia. Salientar que conseguimos levar lá o problema graças ao eurodeputado Willy Meyer (IU), ante a passividade e falta de sensibilidade de todos e cada um dos eurodeputados que dizem ser galegos e representar a Galiza, mas só nos fazem sentir vergonha.

- UNESCO. A través do seu órgão assessor, o ICOMOS (International Council on Monuments and Sites) devido à agressão que supõe ao Caminho de Santiago, declarado Património da Humanidade. Uma comissão deste organismo visitou esta parte do Caminho de Santiago na fim de semana passada, e ficou estupefata com o que aqui está a acontecer.

- Fiscalia Especial de Meio Ambiente, Património e Urbanismo. Pois existem importantes indícios de prevaricação em várias das pessoas que desde os seus cargos públicos assinaram a sua conformidade a este projeto, escandalosamente irregular também do procedimento administrativo de tramitação. Cabe citar que vários dos implicados estavam já sendo investigados por outros supostos delitos de prevaricação.

Contudo, não confiamos na Justiça neste nosso país, onde a administração que tem obrigação de conservar o património é a principal destrutora, e a justiça e as instituições estão ao serviço das oligarquias depredadoras e ignorantes.

Só confiamos na sociedade civil organizada.


Saúde e Terra!



avatar
mceleiro

Mensagens : 51
Data de inscrição : 26/12/2010

Ver perfil do usuário

Voltar ao Topo Ir em baixo

Re: "Fraga autorizou nos últimos días o eólico que atenta contra o Camiño"

Mensagem  Pedro Bravo em Qui Fev 03, 2011 2:14 pm

Contudo, não confiamos na Justiça neste nosso país, onde a administração que tem obrigação de conservar o património é a principal destrutora, e a justiça e as instituições estão ao serviço das oligarquias depredadoras e ignorantes.
E que maior prova dessa verdade que suas próprias palavras?
Co fin de compensar [será reduzir, neutralizar, etc.] a incidencia visual do parque eólico, adoptaranse as medidas compensatorias propostas polo promotor e consensuadas coa Dirección Xeral de Turismo [não há outras conselharias ou direcções gerais mais pertinentes, como Meio Ambiente, etc.] destacando as relativas ao pintado das torres dos aeroxeradores con motivos do Camiño de Santiago [por exemplo, aerogeradores com castanholas...], implantación de pantallas vexetais [se prenderam os eucaliptos...] naqueles puntos onde teña lugar o impacto visual da obra proxectada e adecuación dunha sala como aula didáctica da enerxía eólica [??], entre outras [o mais pertinente de tudo..].
avatar
Pedro Bravo

Mensagens : 140
Data de inscrição : 26/12/2010

Ver perfil do usuário

Voltar ao Topo Ir em baixo

Re: "Fraga autorizou nos últimos días o eólico que atenta contra o Camiño"

Mensagem  mceleiro em Sex Fev 04, 2011 9:18 am

Depois duma tensa reunião da comissão do ICOMOS com representantes da Xunta a passada seguda feira, ontem houve um CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA QUE TIVO LUGAR NA DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA NA CORUÑA O DÍA 3 DE FEBREIRO DE 2011, BAIXO A PRESIDENCIA DO SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, e nele demonstram a sua «sensibilidade»:

A XUNTA DECLARA O PROXECTO LAT PARQUE EÓLICO SERRA DO ORIBIO
– SUBESTACIÓN DE TRIACASTELA DE INCIDENCIA SUPRAMUNICIPAL

- A decisión do Consello obriga aos planeamentos de Samos e Triacastela,
ambos en Lugo, a adaptarse ás determinacións do proxecto
-A liña permitirá inxectar no sistema eléctrico a enerxía producida polo
parque, o que contribuirá a mellorar a subministración e avanzar no eido de
desenvolvemento eólico


O Consello da Xunta vén de aprobar hoxe a declaración do proxecto LAT 132 kV
Parque Eólico Serra do Oribio-Subestación Triacastela como proxecto sectorial de
incidencia supramunicipal despois de contar cos pronunciamentos favorables, polo
que os planeamentos dos concellos lucenses de Samos e Triacastela terán que
adaptarse as determinacións contidas nel.
Este proxecto permitirá inxectar no sistema eléctrico a enerxía xerada polo parque
eólico, e contribuirá á mellora da subministración e a avanzar no desenvolvemento
das enerxías renovables en Galicia, eido en que a nosa Comunidade Autónoma ocupa
un dos primeiros lugares.
Os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal teñen por obxecto
regular a implantación territorial de infraestruturas, dotacións e instalacións de
interese público ou utilidade social cando a súa incidencia transcenda do termo
municipal en que se localicen, pola súa magnitude, importancia ou especiais
características, ou se asenten sobre varios termos municipais.
Todo isto garantirá a axeitada inserción no territorio das infraestruturas, dotacións e
instalacións que constitúen o seu obxecto, a súa conexión coas redes e servizos
existentes, a súa adaptación ao contorno en que se atopen e a súa articulación coas
determinacións do planeamento urbanístico e territorial vixente.

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/a-xunta-segue-adiante-co-eolico-que-ameaza-o-courel/idEdicion-2011-02-04/idNoticia-636498/
avatar
mceleiro

Mensagens : 51
Data de inscrição : 26/12/2010

Ver perfil do usuário

Voltar ao Topo Ir em baixo

Re: "Fraga autorizou nos últimos días o eólico que atenta contra o Camiño"

Mensagem  Conteúdo patrocinado


Conteúdo patrocinado


Voltar ao Topo Ir em baixo

Ver o tópico anterior Ver o tópico seguinte Voltar ao Topo

- Tópicos similares

 
Permissão deste fórum:
Você não pode responder aos tópicos neste fórum