“Módulo de acentuación para o galego en Freeling”

Ver o tópico anterior Ver o tópico seguinte Ir em baixo

“Módulo de acentuación para o galego en Freeling”

Mensagem  cdurão em Dom Jan 16, 2011 12:59 am

Revista erudita: http://linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/70/105

Pesquisador erudito: Miguel Anxo Solla Portela

Pesquisa erudita: “as funcións de restauración ou supresión do
acento gráfico para o español non resultan
adecuadas en raíces verbais galegas, xa que as
regras de acentuación gráfica do español difiren das
do galego na acentuación diacrítica, na silabación
de certos encontros vocálicos (español atribuimos /
galego atribuímos, atribuíu, atribuïamos) e na
consideración das secuencias polisilábicas que
rematan en ditongo decrecente ou en ditongo
decrecente seguido de -n ou -s (español comeréis,
fuereis / galego comerei, amábeis). Ademais, os
encontros cos pronomes enclíticos presentan
particularidades propias: tres alomorfos para o
pronome persoal acusativo de terceira persoa en
distribución complementaria segundo a terminación
verbal (la, las, lo ou los tras as formas que rematan
en -r ou -s: comerala ~ comerás + a; na, nas, no ou
nos tras as formas que rematan en ditongo
decrecente: comereinas ~ comerei + as; e a, as, o
ou os nos casos restantes: cómoa ~ como + a) e
perda do -s final das formas flexionadas en primeira
persoa do plural cando levan enclítico un pronome
persoal que tamén sexa de primeira persoa de plural
(achegámonos ~ achegamos + nos).”

“A función de desambiguación compara
ambas as dúas candidaturas e examina se o acento
que tiña co enclítico ten función fonolóxica antes de
que se apliquen as demais funcións que
determinarán se lle corresponde ou non levar acento
gráfico á forma verbal resultante; isto é, diferencia
exemplos como comela (~ comer + a) de cómela (~
comes + a) e mantén a dobre posibilidade de análise
con determinados presentes de indicativo
polisilábicos prever + os).”

Conclusão erudita: continuamos a komelokaldo...

cdurão

Mensagens : 302
Data de inscrição : 26/12/2010

Ver perfil do usuário

Voltar ao Topo Ir em baixo

Ver o tópico anterior Ver o tópico seguinte Voltar ao Topo


 
Permissão deste fórum:
Você não pode responder aos tópicos neste fórum