Contrastes

Ir em baixo

Contrastes

Mensagem  Nambuangongo em Sex Jan 14, 2011 3:47 am

Rosalía de Castro inaugura a Cultura na cidade do Gaiás

Helena Villar Janerio será a encargada de presentar o primeiro acto cultural na Cidade da Cultura que conta coa presencia de colectivos críticos con esta obra.



Logo das autoridades políticas, chegan os actores culturais. ‘Galicia, ceo das letras’, o gran evento cultural programado pola Fundación Cidade da Cultura, arranca este sábado 15 de xaneiro, catro días despois da apertura dos seus dous primeiros edificios.

Rosalía de Castro será a protagonista, co gallo de que en 2011 se cumpren os 125 anos do seu pasamento. A sesión comezará cunha charla de María do Cebreiro, e posteriormente a compañía teatral Casa Hamlet, dirixida por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández, presentará un espectáculo con textos de Rosalía dramatizados e musicados.

A presentación correrá a cargo da presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro. 



Iniciativa colectiva

Cultura quixo implicar a un amplo abano de organizacións culturais para impulsar os contidos do Gaias e quitarlle, deste xeito, ferro á "politización" desta obra. Cultura quere, así, impulsar as accións culturais nun edificio que conta cunha importante oposición mediática e social e quere facelo implicando a algún dos colectivos máis críticos coa polémica edificación.

Así, O ciclo ‘Galicia, ceo das letras’ organízase coa colaboración de catorce entidades que representan unha selecta escolma das grandes institucións que traballan pola cultura galega: a Fundación Rosalía de Castro, Real Academia Galega, Fundación Camilo José Cela, Casa Pessoa, Fundación Penzol, Catedra Valle Inclán e Catedra Xosé Angel Valente da Universidade de Santiago, Institut Ramón Llul, Consello da Cultura Galega, Fundación Torrente Ballester, Asociación de Escritores en Lingua Galega e Fundación Internacional Jorge Luis Borges. 



A participación en “Galicia, ceo das letras” será gratuíta, mais será necesario inscribirse para reservar praza xa que o aforo da Biblioteca de Galicia é limitado. Para facelo pódese chamar ao 881 979010 ou facelo a través da web www.cidadedacultura.org, onde atopará tamén toda a información sobre as datas e o contido de cada sesión.



Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/01/2011



'Cantares Galegos' em Ginzo de Límia

Número 1 dos Clássicos da Galiza apresentado por todo o País




PGL - A Casa de Cultura de Ginzo de Límia acolherá nesta sexta-feira, 14 de janeiro, a partir de 20h00, a apresentação dos Cantares Galegos, primeira ediçom desta magnífica obra de Rosalia de Castro seguindo as normas do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa.

Isaac Alonso Estraviz e Concha Rousia serám os encarregados de apresentar este trabalho, impulsionado pola Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP), editado por Edições da Galiza e disponível para compra na loja Imperdível, entre outros locais.

Esta versão dos Cantares inaugura a coleção Clássicos da Galiza e foi realizada e dirigida polo membro da Academia Prof. Dr. Higino Martins Esteves, constando de 248 páginas entre preliminares, texto e notas finais.

Para a organização deste evento em Ginzo, a Academia Galega conta com a parceria do Centro Cultural Popular do Límia, do Centro Social Aguilhoar e de Edições da Galiza.



Sexta, 14 Janeiro 2011 01:00, Portal Galego da Língua


Difusão da cultura por toda a Galiza vs. centralismo na capital

Casas da cultura e centros sociais vs. mausoléus

Entrada livre vs. «faça a sua inscrição»

«A língoa proletaria do pobo» vs. «Cuatro gatos elitistas»

Dinheiros públicos vs. «para esos ni un can»


etc...

avatar
Nambuangongo

Mensagens : 188
Data de inscrição : 25/12/2010

Ver perfil do usuário

Voltar ao Topo Ir em baixo

Voltar ao Topo


 
Permissão deste fórum:
Você não pode responder aos tópicos neste fórum